O Esteirón



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Un esteiro é unha zona da costa onde desemboca un río e que se asolaga coa preamar, chegando incluso a formar lagoas. O Esteirón está situado preto da Punta da Praia, zona de asolagamentos provocados polas mareas. Procede do latín AESTUARIU "marea". A forma Esteirón é un aumentativo de Esteiro a partir do sufixo -ón. En galego actual poden empregarse tanto as formas esteiro como estuario para designar estes lugares. No barrio do Coto atopamos o lugar do Esteiro, sobre o río Pexegueiro, na zona onde antigamente este río desembocaba na marisma perdida de Redondela. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.