A Eiriña
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Unha eira é un terreo chan próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc. O substantivo eira formouse a partir do latín AREA, "espazo libre, superficie plana". En Galicia adopta tamén unha variante máis próxima á orixe da palabra: aira. O topónimo Eiriña é un derivado da palabra eira cun sufixo diminutivo, o que indica que posúe un tamaño máis pequeno. A terminación -iño é un sufixo que procede do latín -INU. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo. Cando este topónimo aparece en composición con outras palabras leva normalmente preposición como elemento conector. Esta segunda palabra indica o lugar onde se atopa ou a referencia á persoa posuidora ou calquera outra indicación identificadora: Eira de Arriba, Eira do Santo, Aira do Cabo... Cando vai composta cun adxectivo, non leva conector: Eira Vella, A Aira Malladoira. En Redondela temos un barrio de Cedeira que se denomina Eira Pedriña, que fai referencia ao tipo de chan empedrado que lle deu nome. Como derivado de eira cun sufixo diminutivo temos en Cesantes o lugar da Eiriña. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.