Eido da Moura / Outeiro da Moura
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este lugar especial e posiblemente animista, con algún tipo de ritual vinculado á pedra e á auga, está situado no monte Cabaleiro, entre Soutoxuste e Cesantes. Como referencia á forma do terreo recóllense os topónimos de Eido da Moura e Outeiro da Moura. No relativo á significación animista recollemos Bañeira da Moura, Pía da Moura e Cama da Moura. As mouras son deidades prehistóricas, estendidas por moitos lugares de Europa, vencelladas con varias funcións: a fundacional, a protección, a curación, a fertilidade e os ritos iniciáticos. No noso concello temos varios lugares relacionados coas mouras. As palabras que acompañan este topónimo sitúano nun lugar elevado (outeiro) e chan (eido). Bañeira e pía infórmannos da súa forma, como unha concavidade escavada na rocha para conter auga. O topónimo Eido, pola súa banda, aplicado a este lugar de monte, refírese a un terreo ou propiedade. Provén do latín ADITU "engadido", participio do verbo ADIRE "engadir", como referencia ao terreo que, normalmente, envolve a casa. Tocante á palabra outeiro, a partir do latín clásico ALTU "alto, elevado" creouse a forma ALTARIU, coa derivación a través do sufixo -ARIU, que deu en galego actual outeiro, que designa un monte de pequena altura. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ARIU, -ARIA. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. Neste caso outórgalle ao topónimo un valor locativo, coa indicación de lugar topográfico. A palabra moura é de interpretación máis incerta. Podemos facer dúas interpretacións distintas: para uns autores tería unha orixe no latín medieval MAURU "de Mauritania, escuro", e para outros autores tería unha orixe prerromana na raíz *MOR- / *MUR- "monte, elevación rochosa".