Cova da Serpe
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O topónimo Cova é bastante frecuente en Galicia. Procede do latín hispano COVA, posiblemente un celtismo, variante ou dialectalización do latín clásico CAVA, forma feminina de CAVUS "oco, cavidade". En toponimia pode referirse a unha cavidade ou depresión do terreo; tamén a un abrigo ou mesmo a un terreo afundido. Polo tanto, non nomean de forma exclusiva covas naturais, senón que sinalan ou identifican formas cóncavas ou fondas do terreo. A palabra serpe deriva do latín serpens "que se arrastra". Esta é unha forma moi antiga no idioma, anterior á entrada da palabra serpente (do latín SERPENTE). Tamén é antigo o seu sinónimo cobra ou cóbrega (do latín COLUBRA), con perda do -L- intervocálico na súa evolución en galego (como en tantas outras palabras antigas no idioma como muíño < MOLINU, vixiar < VIGILARE, pau < PALU etc.). Outra forma de chamarlle á serpe en galego é becha ou bicha. Todas estas palabras aparecen na toponimia por outros lugares de Galicia: Cabo da Serpe (A Lama) Coto da Veiga da Serpe (Campo Lameiro), Pozo da Serpe (Vigo), Pedra da Cobra (Candeán), Regueiro das Cobras (Baiona). No Libro de apeos da casa de Sotomayor, de 1644, xa aparece rexistrado este topónimo.