As Codeseiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Este topónimo é un derivado da palabra codeso, un arbusto habitual nos nosos bosques, que tamén se denomina piorno noutros lugares de Galicia. O seu nome provén do latín cytisus. A denominación actual evolucionou a partir desta forma clásica a través dun hipotético *cutisu. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc. No caso concreto da palabra que nos concirne, Codeseiras, o sufixo -eira engade sentido de abundancia ou colectivo, como en carballeira, trigueira, herbeiro etc. En Galicia existen numerosas variantes de codeso presentes na toponimia: Codesal, Codesido, Codesoso etc. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo como A Codeseira.