O Cocho
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A palabra cocho, en galego, ten varios significados posibles: pode ser un sinónimo de porco; tamén se emprega para designar un acubillo, tanto natural como artificial; e pode ser sinónimo de leira de cultivo. Estas dúas últimas definicións son as que crean dúbidas na aplicación á toponimia. Hai autores que se inclinan por identificar os lugares que se chaman cocho con acubillos naturais ou rebaixes no terreo. Outros autores, en cambio, defenden que a cantidade tan abundante de lugares que levan este nome non fai posible que todos se refiran a lugares de acubillo. Por outra parte, hai sitios onde se lles chama directamente cochos ás leiras de cultivo. Sen desbotar que nalgúns casos se refira a acubillos naturais, os resultados da abundante presenza deste topónimo na nosa toponimia lévanos a decantarnos polo significado de leira de cultivo. En Redondela están rexistrados ao redor de trinta lugares con esa denominación. En Galicia son varios centos os topónimos recollidos, con diversas variantes: Cochón, Cochós, Cuchiños, Cocheira, Cochello, A Cocha do Medio? No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.