O Redondo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo redondo/a provén do adxectivo latino ROTUNDUS, derivado de RoTA (roda) e que en galego orixinou redondo. Na toponimia aplícase naquelas parcelas que teñen unha formación relativamente circular. Na parroquia de Vilar de Infesta aparece no Catastro de Ensenada de 1756 Redondiño e Redondo como monte e labradío de secano respectivamente.