Os Castiñeiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo designa a árbore que dá castañas. Procede do latín CASTANEARIU, palabra derivada de castanea "castaña", que á súa vez ten a súa orixe no grego. O termo latino castanea desenvolveu directamente o nome da árbore na palabra castaño, que existe no noso idioma, así como en portugués e en español. Noutros casos, a base CASTANEA foi ampliada co sufixo -ARIU, co que se obtivo o derivado CASTANEARIU, do que procede castañeiro e castiñeiro. A aparición do -i- pode deberse á influencia fonética da consoante palatal -ñ- e do ditongo tónico -ei-. O sufixo latino -ariu, -aria derivou en galego en -eiro, -eira e aplicouse a moitos e variados conceptos do noso léxico, entre eles os nomes das árbores: laranxeira, limoeiro. En Redondela están recollidas formas toponímicas derivadas da castaña como Castañal (Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde, Vilar de Infesta), Castiñeira (Cedeira, Quintela, Ventosela). En Galicia existen preto de dous mil topónimos a partir da palabra castaña. Antes da chegada das patacas das Américas, a castaña era o alimento base na nosa alimentación. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.