A Carballeira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A orixe da palabra carballo é incerta, aínda que os diferentes autores coinciden en que sería prerromana, moi asentada en todo o territorio galaico antes da chegada do latín para denominar esta árbore tan común a abundante, polo tanto, con máis de dous mil anos de antigüidade no noso vocabulario. Hai autores que a fan derivar da palabra base carba, á que se lle engadiría o sufixo -aliu. A terminación -eira / -eiro, de procedencia latina -ariu, -aria, engádelle ás palabras diferentes significados. Neste caso concreto, engade sentido de abundancia ou colectivo, como en trigueira, xesteira, herbeiro etc. A palabra latina que trouxeron os romanos á península deriva de robore, que deu en castelán "roble", pero que non temos como palabra galega na actualidade, aínda que si deixou pegada na toponimia con formas como Reboreda, Rebordaos, Rebordiño, Rebordechao etc. Carballeira é un topónimo abundante por toda Galicia, con arredor de dous mil trescentos topónimos rexistrados. En Redondela témolo tamén na parroquia de Cedeira.