O Campo dos Frades
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A palabra campo provén do latín CAMPU. Designa calquera terreo de cultivo onde nace herba. É unha palabra que aparece innumerables veces na toponimia de Galicia. Este topónimo pode aparecer como palabra única, en singular ou plural, e acompañada doutras palabras que lle engaden unha característica, unha localización ou unha relación de posesión. Tamén pode aparecer con terminación diminutivas. En Cesantes temos exemplos destas formas diferentes: Campiño (con remate en sufixo diminutivo), Campo do Medio (localización con respecto a outras propiedades), Campos da Ribeira (localización nun espazo determinado), Campos Abertos (característica de non estaren pechados), Campo dos Frades (relación de propiedade). O substantivo Frades, que indica a propiedade do campo, provén do latín frater "frade, monxe". En Redondela e no resto de Galicia aparecen máis de douscentos topónimos compostos con este substantivo: Fonte do Frade (Cesantes), Poza dos Frades (Quintela), Camiño dos Frades (Quintela); A Roza do Marco do Frade (Guitiriz), O Val do Frade (Toén, Ourense), As Viñas dos Frades (Parada de Sil).