Os Campiños
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo deriva da palabra campo, que ten a súa orixe no latín CAMPU. O sufixo -iño engádelle un significado diminutivo, referido ao seu tamaño. A terminación -iño é un sufixo que procede do latín -INU. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo. A palabra campo designa calquera terreo de cultivo onde nace herba. É unha palabra que aparece innumerables veces na toponimia de Galicia. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.