O Cabo da Serpe



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

A palabra cabo fai referencia tanto á parte saínte da costa que se introduce no mar, coma á parte final ou remate dun determinado lugar, tanto sexa no mar coma ao final dun camiño ou dun lugar habitado. A orixe desta palabra está no latín CAPUT "cabeza, extremo". A palabra serpe deriva do latín serpens "que se arrastra". Esta é unha forma moi antiga no idioma, anterior á entrada da palabra serpente (do latín serpente). Tamén é antigo o seu sinónimo cobra ou cóbrega (do latín colubra), con perda do -L- intervocálico na súa evolución en galego (como en tantas outras palabras antigas no idioma como muíño < molinu, vixiar < vigilare, pau < palu etc.). Outra forma de chamarlle á serpe en galego é becha ou bicha.