A Pedra



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo pedra é un xenérico de uso común na toponimia e microtoponimia galega. No primeiro caso cun significado máis xenérico facendo alusión a un barrio no que hai ou houbo pedras identificamos: A Coutada da Pedra, no barrio da Millarada, e As Grelas da Pedra, no barrio da Igrexa. No segundo caso sería empregado para o chamamento dunha pedra individualizada como sinónimo de pena ou penedo. Na parroquia de Vilar de Infesta atópanse A Pedra de Vigo de Fóra, que todo parece indicar se trate dun topónimo de recente creación. Pedra do Medio, Pedre, Pedride e Pedrido son as referencias catastrais de 1756 actualmente en desuso. Emporiso, tamén se emprega o substantivo pena (pedra de gran tamaño) como topónimo e, segundo os casos, estender o seu significado para denotar, coma no primeiro exemplo, un lugar. Xa que logo, na Parroquia de Vilar de Infesta destacan As Penas e As Peniñas, ambos referenciadas como terras de labradío no Catastro de Ensenada coa forma en singular "A Pena" e "As Peniñas".