A Barronca



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes

A palabra Barronca aparece en máis de cen lugares de Galicia para significar lugar en pendente pronunciada ou barranco. En Redondela temos este mesmo topónimo en Cedeira (Fortóns), O Viso (A Nogueira) e na propia vila (subida desde o río Alvedosa á vella estación). A orixe deste topónimo é incerta. Distintos autores atribúenlle unha orixe prerromana á raíz BAR- para este significado. Barronca sería unha variante de barranco, que tamén aparece con outras palabras por Galicia como Barronqueira ou Barrouco e Barrouca. Esta raíz BAIR- tamén aparece noutras variantes como A Barreira (Cesantes) co significado de desnivel ou obstáculo no terreo. Como palabra relacionada con barranco, en Redondela temos algúns exemplo como a Barranca de Covas, en Soutoxuste (O Viso) e Costa da Barreira (Reboreda), posiblemente asimilable a este significado debido á pendente destes terreos. Nun foro en Cesantes de 1635 xa aparece rexistrado este topónimo.