O Barcelo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O autor Gonzalo Navaza, na súa obra Fitotoponimia galega indica que o topónimo Barcelo sería unha variante de Bacelo, "talvez resultante da interferencia con outras familias léxicas". O bacelo é a videira nova ou a vara de videira cortada para plantar. A orixe desta palabra está no latín baccellus, palabra derivada, á súa vez, de bacculus "bastón, estaca". O sufixo diminutivo -ellus fai referencia ao seu tamaño pequeno. Durante a Idade Media a palabra bacelo pasou a designar tamén, por extensión, o lugar plantado de bacelos e, polo tanto, plantación de viña. De aí que se lle chamase o Bacelo a un lugar plantado con viña e, co tempo, incluso a calquera terreo de cultivo. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.