O Arxón



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Un arzón é unha estaca que se crava ao carón dunha planta como as ervellas, os tomates e pementos, ou os feixóns e feixóns verdes para que medren por ela e boten rama en altura. De acordo con esta definición, o topónimo probablemente se refira a hortas destinadas a este tipo de cultivo, habituais nas nosas leiras, e que conten con estas estruturas de madeira. A palabra arxón é moi antiga no noso idioma, posiblemente de orixe prerromana, algúns autores propoñen que incluso poida ser precéltica.