A Chan



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo chan provén do latín PLANUM, PLANAM que no galego occidental deu nun mesmo resultado (chan) pero que no galego oriental se distingue (chan, chá). Na toponimia galega atopámolo como un xenérico de uso común que vén denotar un terreo ou superficie sen desniveis. En Vilar de Infesta atopamos: A Chan da Cova que linda coas Penas e Peniñas polo Camiño do Ulleiro. Así mesmo, pode facer referencia ao lugar dun propietario como é o caso da Chan de Felipe.