A Coutada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo coutada vén do verbo coutar, a partir de couto (en latín CAUTU, "protexer, defender, coidar"). Un couto é un territorio afectado por determinados dereitos de propiedade ou xurisdición. Por tanto, A Coutada refírese a parcelas do monte que foron privatizadas e adoitan lindar co monte comunal. En Vilar existen máis topónimos ligados que determinan ou singularizan un lugar: A Coutada da Cachena, As Coutadas de Abaixo, As Coutadas do Galleiro, As Coutadas de Testas, Coutada da Grela...