O Cotarelo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo coto (deriva da raíz prerromana cott-) designa tanto "unha elevación rochosa do terreo" como a "parte máis alta dun monte que ten forma cónica". É un microtopónimo moi frecuente en toda Galiza.De por parte, o substantivo cotarelo vén significar un "pequeno outeiro máis ou menos agudo", formado a partir do sufixo diminutivo -elo mais un elemento intermedio -ara-. É un antigo diminutivo de cótaro "outeiriño agudo" que dá nome a dous topónimos en Vilar de Infesta como O Cotarelo e o citado Cótaro.