A Costaneira / A Costa
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
A costa (do latín C?STA) refírese a un terreo en pendente ascendente, a miúdo referidos a camiños e vías. En Vilar de Infesta son trece os topónimos que achamos. Todos eles, agás A Costaneira (que se forma mediante un lexema máis un sufixo derivativo), están constituídos polo substantivo costa (con morfema singular ou plural) e/ou un complemento de nome que identifica o lugar no que se atopa a costa. Xa que logo, destacamos: o topónimo A Costa xa se menciona no Catastro de Ensenada de 1756 como "Da Costa", unha propiedade e unha terra de labradío. Do mesmo xeito, A Costa do Souto e As Costas que se conforma dos microtopónimos: A Costa Grande, A Costa de Abaixo, As Costas do Medio, A Costa do Mañoso, A Costa do Perriquito, e A Costa do Colexio xunto co Socalco e A Esquina. Por último, cabe destacar A Costa de San Martiño dende o río A Preira até o primeiro núcleo Dos Eidos.