Os Cochos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo cocho máis os seus derivados teñen moita presenza na toponimia galega sur-occidental. Ademais do comunmente coñecido cocho como sinónimo de porco, tamén garda relación co verbo acochar co significado de abrigo. Agora ben, neste caso é probable que designe un anaco de terra con linde a un paso común tal e como na fala oral fan emprego do termo cocho. Por outra parte preséntanse os topónimos cualificados polo lugar en que se sitúan: Os Cochos de Arriba pegado ao Camiño do Fixón entre O Lugar e A Oliveira; Os Cochos do Medio que linda cos Cabaleiros e As Veigas do Campo; O Cocho da Viña que rodea o Camiño do Rubiás ao lado do Cocho da Eira. No Catastro de Ensenada de 1756 tense referencia destes topónimos: "Os Cochos de Arriba", "Os Cochos do Medio", "Cocho da Viña" e "Cocho da Eira", todos como terras de cultivo de regadío agás o "Cocho da Viña". Ademais faise mención a "Do Cocho" (como unha devesa) e "Do Cochiño" que actualmente non teñen vivacidade.