O Campo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo campo (do latín CAMPUS) a miúdo designa na toponimia un espazo amplo de terreo máis ou menos plano, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo. En Vilar de Infesta distinguimos O Campo (pista do aeroporto), xa referenciado no Catastro de Ensenada como "O Campo" e descrito como terra de labradío de regadío. Tamén se referencia, no Camiño de Fixón, Os Campos de Abaixo, como "Os campos de Abajo". Así e todo, outros desapareceron como é o caso de Campo Grande, Campo do Rego ou Campo Grê. Actualmente tamén se asenta o substantivo plural Os Campos, lindando co Cocho da Eira e Os Campo de Abaixo.