A Cachena



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

Procede do adxectivo cacheno, a que questá relacionado con "cacho". É dicir, Cachena designa unha terra incompleta, "que perdeu unha parte". No Catastro de Ensenada (1756) aparece "De Cachena" como unha devesa. No barrio da Millarada tamén se recolle o topónimo A Coutada da Cachena.