A Rebouza
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira
Rebouza aparece definido no dicionario da Real Academia Galega como "superficie de terreo moi inclinada ou case vertical nun desnivel á beira dun camiño, estrada etc., ou nas marxes dunha escavación" ou "terra de labor que se deixa descansar unha tempada sen sementar". A etimoloxía de Rebouza é complicada, Navaza considera que Rebouzo non é un derivado de bouza, como podería parecer, senón que sería un derivado de riba, do latín RIPA, co sufixo de orixe prerromana -ouzo. Sinala que en moitos casos se debeu producir unha interferencia, por etimoloxía popular, cos derivados de bouza. Podería pensarse tamén que en Rebouza o primeiro elemento corresponde a RIVU (río) ou RIPA, seguido de bouza.