Espallar



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A priori, parece que este topónimo é un derivado de palla (do latín PALEA) e designaría un lugar onde se sacudía a palla para separar o gran. Pero tamén pode ser unha alteración de espaller, termo que xa se recolle no vocabulario de Xoán Manuel Pintos co significado dun "amarzón de madeira para soster as vides".