A Cova da Vella



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Cova, ademais de como substantivo co significado de "cavidade natural ou artificial no terreo", pode funcionar como un adxectivo (feminino de covo), que describe un terreo cóncavo. Procedede dun termo hispano COVA (en latín era dito CAVA) e algúns autores pensan que é un termo dialectal de Italia, mentres que outros pensan que é un celtismo. No barrio de A Formiga atópase a Cova da Vella (do latín VETULA) e no mesmo terreo alberga a Poza da Cova da Vella.