O Areeiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O Areeiro é un nome derivado de area (do latín ARENA) mediante o sufixo -eiro (do latín -ARIU). Areeiro e areeira empréganse para designar lugares onde se extrae area. No Nomenclátor de Galicia rexístranse 9 lugares denominados (O) Areeiro / Os Areeiros e A Areeira /As areeiras.