As Ferreiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

Este topónimo é o plural do substantivo común ferreiro "o que ten por oficio traballar o ferro", derivado de ferro e correspondente ao latín FERRARIU. Normalmente indica a profesión dos antigos propietarios ou habitantes do lugar. Na documentación medieval rexístranse moitos topónimos: Ferreyros (1176), Ferrarios (1227), Ferrariis (1228), Ferreiros (1232) e outros que se poden ver no CODOLGA. No Nomenclátor de Galicia aparecen sete parroquias co nome de (Os) Ferreiros e outras sete co nome de (As) Ferreiras; 46 lugares denominados Os Ferreiros ou Ferreiros e 40 coa variante feminina Ferreira.