Quintela



Quintela provén de quintanella. Trátase dun diminutivo (-ela) de Quinta ou de Quintana (casa de campo con terras e construcións arredor). Por tanto, Quintela refírese a unha casa con propiedades arredor. Trátase dun topónimo replicante (vén motivado pola existencia doutro) da Quintana, na veciña parroquia de Reboreda.