De Araúxo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Bascuas, considera que é un hidrónimo que deriva de Araugio > Araúxo, que viría dun río Arakos. Con todo, podería ser que neste topónimo do barrio de A Costeira se tratase do apelido da persoa propietaria do terreo, só que o primeiro elemento perdeuse (terra) de Araúxo. O Nomenclátor de Galicia recolle o topónimo Araúxo nos concellos de Maceda e de Lobios. A forma Araujo rexístrase como apelido en varias zonas de Galicia, en concreto, en Redondela ten 186 ocorrencias.