A Cristina
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
Este nome recollido no barrio de Quinteiro probablemente faga referencia á propietaria da terra. Cristina é un nome cristián testemuñado xa no século IV; é unha derivación do nome de Cristo. Christinus é un par léxico de Christianus (do latín CHRISTIAMUS e este do grego Khristianós "seguidor de Cristo"), se ben este funciona só como adxectivo e aquel só como nome persoal, que, nos primeiros séculos, era case como un segundo nome obrigatorio de todos os cristiáns, secreto por causa das persecucións. Só pasou a ser nome independente tras a lei de Constantino grazas á cal o cristianismo deixou de estar proscrito.