As Agustinas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
Derivado feminino do nome masculino Agustín (en castelán), que deriva de Augustinus, do latín AUGUSTUS "de bo agoiro, venerable". Probablemente faga referencia a unhas terras que eran propiedade de Agostiña. Segundo a Guía de nomes galegos Santo Agostiño (354-430), bispo de Hipona (norte de África), foi un dos catro doutores da Igrexa latina. Antes da súa tardía conversión ao cristianismo fora seguidor do maniqueísmo. Relacionouse co presbítero galaicorromano Paulo Orosio, un dos grandes escritores en latín da antiga Gallaecia. Escribiu A cidade de Deus e defendeu a síntese entre a cultura clásica e a cristiá. Era unha época na cal os intelectuais pagáns crían que o avance do cristianismo era debido ás desgrazas e calamidades do momento, como a invasión dos pobos "bárbaros". Para rebater estas opinións, Agostiño animou o historiador galaico a escribir unha historia universal na que demostrase, entre outras cousas, que as calamidades viñan desde tempos inmemoriais.