A Carambola



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Asnelle de Abaixo
DA PARROQUIA DE
Reboreda

Malia a primeira impresión que uniría este topónimo a un lance do xogo, en realidade a orixe é ben remota. Posiblemente sexa un derivado da raíz prerromana CAR- que designa pedras, penedos ou formacións rochosas. Precisamente neste lugar é onde se preparou a información que recolle o Catastro de Ensenada feito en 1752. Tamén se recolle o topónimo Fonte da Carambola.