O Palomar



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Os derivados do substantivo pomba (do latín PALUMBA) son bastante frecuentes na toponimia galega. O Nomenclátor de Galicia recolle máis de 40 localidades chamadas (O) Pombal, Pombar, Pombeiro etc. Gonzalo Navaza indica que o uso de pomba quedou restrinxido para falar só das pombas bravas, mentres que para as de cría e as pombas urbanas emprégase o termo do castelán paloma. Así pois, este está presente de xeito esporádico na toponimia como é o caso deste microtopónimo.