Os Tellados



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Tellado é o participio do verbo tellar (< lat. TEGULARE) e ten presenza relativamente común na toponimia galega, por referencia a construcións cubertas de tella (e non de colmo ou de lousa). Neste caso preséntase o nome en plural Os Tellados, no barrio de A Costeira. No 1699 xa aparece documentado este topónimo nun Memorial de Rendas do concello de Redondela como "heredad do tellado".