A Casa da Barreira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

O substantivo casa (< latín CASA) ten presenza na toponimia, en ocasións para designar paraxes onde non hai na actualidade edificación ningunha, pero si houbo no pasado. A Casa da Barreira fai referencia a unha construción. Barreira é un lugar no que abunda o barro ou onde se extrae como materia prima para elaborar obxectos de cerámica ou material de construción. A palabra barro, de orixe prerromana, é sinónimo de arxila. Ademais, A Barreira é un alcume derivado, quizais, do apelido Barreiro.