A Viña Branca



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

O substantivo viña, do latín VINEA, fai referencia a un terreo plantado de vides. Nos sitios nos que a climatoloxía o permite, a viña foi e segue sendo intensamente cultivada desde a Idade Media. Así pois, nas ribeiras do río Sil, do Miño, do Avia, do Támega, do Arnoia e noutros constituíuse como a actividade agrícola máis importante. No barrio de Quinteiro rexístrase A Viña Branca, formada polo mesmo substantivo viña e o adxectivo xermánico branca (blank "branco, brillante"), introducido no latín desde época temperá.