A Viña Ancha
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
O substantivo viña, do latín VINEA, fai referencia a un terreo plantado de vides. Nos sitios nos que a climatoloxía o permite, a viña foi e segue sendo intensamente cultivada desde a Idade Media. Así pois, nas ribeiras do río Sil, do Miño, do Avia, do Támega, do Arnoia e noutros constituíuse como a actividade agrícola máis importante. No barrio de Quinteiro rexístrase A Viña Ancha, formada polo substantivo viña e o adxectivo ancha, que procede do latín AMPLU "largo, amplo, espazoso" e fai referencia por tanto ao tamaño da viña que lle deu nome ao lugar.