O Verdeal
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela
Segundo Gonzalo Navaza os topónimos como Verdeal ou Verdeás non son colectivos de verza (VIRDIA, colectivo > VIRDIALE), senón adxectivos de cor verde con ese mesmo sufixo. Verdeal aparece definido nos dicionarios como "verdoso, que tira a verde". Así pois vén do adxectivo verde, no latín VIRIDE, que ten moita presenza na toponimia e en todos os casos debeu aludir en orixe á flora do lugar. Na parroquia de Quintela temos O Verdeal, a Fonte do Verdeal e o Camiño do Verdeal.