O Pumar



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

O Pumar é un derivado do substantivo pomar, que designa un "terreo ou horta plantada de árbores froiteiras, especialmente de maceiras" (dicionario da Real Academia Galega). Procede do latín POMARE , variante de POMALE. En galego aínda está vivo o significado xenérico de "horta con árbores froiteiras" e é este o significado co que aparece nos documentos medievais. Así, no Tombo de Celanova, nun folio do ano 961 dise: "ipsum pummarem cum suo terreno et suas mazanarias". Na parroquia de Quintela rexístrase O Pumar dúas veces no barrio de A Costeira. No Nomenclátor de Galicia aparecen 25 lugares denominados O Pumar e outros 58 que conteñen o substantivo:sen artigo (Pumar), coa forma diminutiva (O Pumariño, Pumarín) e outros (Pumares, A Veiga do Pumar etc).