A Millerada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

É un topónimo común en galego pero de orixe escuro. Podería ser derivado do numeral mil ou ben do substantivo millo (do latín MILIU). Gonzalo Navaza indica que parece que este nome non garda relación co substantivo millo, senón que fai referencia a unha demarcación dunha propiedade. Así pois, pode referirse a unha leira (a)millarada, do latín MILLE "mil", no sentido de estar delimitada ou parcelada para preservar a súa propiedade e/ou para efectos contributivos.