A Devesa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

O topónimo A Devesa procede do latín serodio *(TERRA) DEFENSA "terra coutada", "terra ou territorio cercado", e sinala antigas devesas ou grandes fincas pechadas que podían ser as devesas do rei e eran empregadas para a produción de madeira. Noutras ocasións o topónimo A Devesa ten menos pretensións e sinala áreas coutadas máis pequenas, propiedade de particulares. Todos os microtopónimos formados polo termo devesa atópanse no barrio de Quinteiro. Así pois, rexístrase A Devesa, A Devesa Vella dúas veces (do latín VETULA, derivado de VETUS, -ERIS "vello"), A Devesa da Poza, A Devesa Grande (adxectivo do latín GRANDE), A Devesa Pequena (adxectivo cuxa etimoloxía non está totalmente esclarecida, mais podería proceder dunha forma tardolatina *PITTINNU). Tamén A Devesa do Regueiro, Devesa do Pouso e A Devesa da Porviceira.