As Cortizos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

O substantivo cortizo procede do latín CORTICEU, derivado de CORTEX. Nalgunhas áreas de Galicia é a forma usada para referirse á sobreira (Quercus suber). Pero tamén pode designar un recipiente feito de casca de sobreira (a cortiza) ou doutros materiais, onde habitan as abellas e no que fan a cera e o mel. Resulta curioso que o artigo estea en feminino e o nome en masculino. Pode ser que nomeara o topónimo "As Terras dos Cortizos" e se fora simplificando ata ser As (dos) Cortizos.