As Castiñeiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Para explicar este topónimo é preciso falar tamén do substantivo castaña, procedente do latín CASTANEA, voz que á súa vez foi tomada do grego. As Castiñeiras é un derivado plural de castaña a partir do sufixo -eira (do latín ?ARIA). Segundo Cabeza Quiles o topónimo As Castiñeiras admite dous matices. En primeiro lugar, a súa forma feminina en -eira pode ter valor colectivo, co que As Castiñeiras se referiría a unha pequena agrupación de castiñeiros. A este respecto, o dicionario enciclopédico de Eladio Rodríguez dá a voz castiñeira coa equivalencia de "lugar o sitio donde hay algunos castaños", significado que tamén recolle o dicionario de Franco Grande, igual a "terrenos en que hay algunos castaños que no llegan a formar souto". Outra posibilidade é que o topónimo As Castiñeiras exprese o xénero dimensional, cuxo feminino nomea realidades máis grandes que o seu correspondente masculino.