O Carballal
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela
Substantivo derivado de carballo co sufixo abundancial -ALE, que designa o bosque de carballos ou o lugar poboado de carballos. O substantivo galego carballo, que dá nome ao carballo común (Quercus robur), provén da forma *CARVALIU con base na voz prelatina CARBA "tropeza, renovo de carballo, carballo miúdo, monte baixo preferentemente de carballo". Na parroquia de Quintela atópanse dous lugares chamados O Carballal, os dous no barrio de A Costeira. O Nomenclátor de Galicia indica que hai 77 lugares chamados O Carballal.