Calvar



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

Do adxectivo calvo "que perdeu o pelo na cabeza" (< latín CALVU) e o sufixo -ALE. O adxectivo calvo ten na toponimia un sentido figurado relacionado coa fitonimia "árido, estéril, sen vexetación", aplicado ao terreo ou ás marxes dunha corrente fluvial. Eladio Rodríguez recolleu como unha das acepcións do adxectivo calvo a de "calvo, tratándose de un terreno, pelado, sin hierba, matas ni plantas". O Nomenclátor de Galicia recolle un lugar O Calvar en Moaña.