O Regueiro do Porto
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela
O Regueiro é un topónimo derivado de rego (substantivo que provén do celta *reku "gabia" e que seguramente conflúa cos derivados do verbo latino RIGARE "regar" e refírese a un pequeno curso de auga ou á canle que distribúe a auga polos prados. En canto ao segundo elemento porto, segundo Navaza unha das acepcións do substantivo porto (do latín PORTU) ten o significado de "lugar por onde un camiño supera un obstáculo da orografía do terreo ou un curso fluvial". Porto aplícase habitualmente aos chamados portos de río, é dicir, os pasos por onde o camiño cruza unha corrente fluvial, sexa mediante unha porte, unha barca, pasais de pedras nun vao, etc. O Nomenclátor de Galicia recolle máis de duascentas cincuenta localidades que conteñen o substantivo porto no seu nome. Este nome aparece xa no Catastro de Ensenada (1750-54) como "Río do Porto", pero nun documento de 1760 xa se menciona como "Regueiro do Porto".