O Charco
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
Topónimo transparente que vén do substantivo charco, "depósito de auga, máis pequeno ca a charca, formado nas fochancas do terreo cando chove" (dicionario da Real Academia Galega). Segundo Corominas, charco é de orixe incerta e comezou empregándose só no Sur de España, onde é frecuente na toponimia andaluza, manchega e portuguesa meridional. Logo probablemente se trate dunha palabra mozárabe e podería pensarse que vén do latín CIRCUS "círculo", por conduto do mozárabe cherco e cunha pronunciación arcaizada charko.