Bueu
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
Segundo Navaza, varios autores consideran como posible orixe para o topónimo Bueu unha raíz hidronímica céltica *BED- * BUD-, á cal tamén pertencerían outros topónimos como Boimorto, Budiño. Con esta raíz está relacionado tamén o termo latino BUDA "espadana", polo que a información que nos proporciona o nome é que se trata dun terreo húmido que é o hábitat propio das espadanas. No Nomenclátor de Galicia só se recolle o Bueu do Concello de Bueu, mais o Proxecto Toponimia de Galicia engadiu o nome dunha tomada e dun camiño en Cangas.