A Corincosta
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela
Trátase dunha forma vacilante do termo xeral congostra "corredoira fonda entre ribadas altas". A partir da metátese do -r- fórmase o termo crongosta, que posteriormente se transforma en quiringosta. A transformación do -g- tras nasal en -c- é moi común nas zonas da gheada e leva á aparición de quirincosta. Estes termos están relacionados co adxectivo latino ANGUSTUS "estreito, angosto" e designan camiños fondos e estreitos. A Corincosta é unha variante de quirincosta. A forma vacilante de congostra máis empregada en toponimia é A Quiringosta, que tamén se rexistra na parroquia de Quintela. O Nomenclátor de Galicia recolle dous lugares A Quiringosta en Vigo e na Cañiza, un Quiringostas en Tui. No Proxecto Toponimia de Galicia aparecen tres camiños A Quirincosta, 62 zonas dominadas A Quiringosta ou As Quiringostas, todos situados nesta área suroccidental na que se atopa tamén o concello de Redondela. Porén, non hai ningún resultado para A Corincosta. Na comarca do Morrazo, á parte de formas como A Quiringosta predomina xa A Carangosta, pero rexístranse tamén dúas variantes moi próximas a este topónimo: A Corongosta, nome dun camiño fondo en Aldán (Cangas) e As Corongostas, nome dun accidente terrestre no Hío (Cangas).